Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago convértese na capital internacional da ximnasia rítmica

O Multiusos Fontes do Sar acollerá o 25 e 26 de outubro o IV Torneo e a V Gala Internacional, que reunirán 800 deportistas de distintos países

presentación do torneo Xacobeo de Ximnasia Rítmica
A concelleira de Deportes participou na presentación xunto á presidenta do Club Viravolta e representantes da Deputación, do Plan Xacobeo e de Jael Xoiería
Concello de Santiago

Durante os días sábado 25 e domingo 26 de outubro terá lugar o Xaobeo de Ximnasia Rítmica IV Torneo Internacional Viravolta-Jael e a V Gala Internacional no Multiusos Fontes do Sar. Organizado polo Club Ximnasia Rítmica Viravolta, fará que acudan á capital galega 800 deportistas de distintos países

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participou na presentación deste torneo, que tivo lugar no Real Aeroclub. Na súa intervención sinalou que “para o Goberno municipal é un motivo de orgullo que Santiago sexa un punto de referencia internacional da ximnasia rítmica”. Tamén estiveron presentes Wendy Rey, presidenta del Club Viravolta; Antonio Leira, diputado de Deportes da Deputación da Coruña; Ildefonso de la Campa, director da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo; e José Mª Fernández, de Jael Joyería. 

Asistentes internacionais

Dende Italia, acudirá á cita Tara Dragas, referente internacional; Anastasia Simakova, con dous medallas no Campionato Mundial e prata no Campionato Europeo; Alice Taglietti, tamén ximnasta italiana e referente internacional; o Conxunto Senior da Selección Española; Jasmine Ramilo, primeira ximnasta filipina en gañar unha medalla no Campionato Asiático; Darja Varfolomeev, campiona olímpica en París 2024; entre outras estrelas do ámbito da ximnasia.