Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Xosé Miguel Andrade Cernadas, Premio da Crítica de Galicia por unha investigación sobre as peregrinacións

O profesor da USC recibe o galardón na categoría de Ciencias Sociais e Humanidades polo seu estudo “As peregrinacións a Compostela: mito, historia e falsidades”

Xosé Miguel Andrade Cernadas, Premio da Crítica 2025
Xosé Miguel Andrade Cernadas, Premio da Crítica 2025
USC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

"As peregrinacións a Compostela: mito, historia e falsidades" mereceulle ao seu autor, o profesor de Historia Medieval da USC Xose Miguel Andrade Cernadas, o Premio da Crítica de Galicia en Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades 2025 na súa XLVIIª edición.

O xurado do galardón nesta modalidade estivo formado por Carlos Amoedo Souto, catedrático de Dereito da UDC; Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga, membro da comisión de Patrimonio do CCG e profesora da USC; Antón Costa Rico, catedrático de Historia Educación da USC; Carme Fernández Pérez-Sanjulián, profesora de Filoloxía da UDC; Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, gañador da edición 2024 e vicesecretario da RAG; Lucía Oca González, profesora de Antropoloxía Social da USC, e o profesor Ramón Nicolás Rodríguez.

Todas e todos eles salientaron que se trata dun libro marcado polo rigor investigador e polo esforzo no seu papel divulgativo, que aborda o tema do fenómeno das peregrinacións, os seus tópicos e a súa materialización contemporánea no Xacobeo e que resulta operativa para analizar as políticas culturais que se aplican en Galicia arestora así como as súas repercusións en fenómenos como a fixación dos camiños de Santiago e a súa turistificación.

Finalistas

Xunto con Cernadas eran finalistas nesta categoría as investigacións "Ben mantidos. Historia cultural da gastronomía galega" (Galaxia) de Xavier Castro; "Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground" (Galaxia) de Fernando Fernández Rego; e "Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa" (Universidade da Coruña) de Manuel Ferreiro e ouutros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620