Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello concede licenza para a restauración integral da Torre do Reloxo da Catedral

O proxecto, cun orzamento de máis de 1,7 millóns de euros, inclúe a recuperación da pedra e das pinturas orixinais, a reparación da maquinaria do reloxo e a mellora das estruturas 

torre reloxo catedral de santiago
A Torre do Reloxo da Catedral de Santiago será obxecto dunha restauración integral que permitirá recuperar o seu aspecto orixinal e garantir a conservación estrutural
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Xunta de Goberno concedeu ao Arzobispado de Santiago a licenza para realizar a restauración e rehabilitación integral da Torre do Reloxo cun orzamento de execución material de 1.705.504,96 euros

O proxecto, redactado polos arquitectos Óscar e Iván Andrés Quintela, desenvolve as  seguintes intervencións: restauración de toda a fábrica pétrea, tanto no exterior como no interior, incluíndo puntualmente reforzos estruturais; restauración das pinturas sobre a fábrica de pedra; rehabilitación do espazo interior para facilitar o acceso a todos os niveis da torre; reparación ou substitución da carpintería exterior e interior dos ocos por novos elementos de madeira; execución dunha nova estrutura de madeira para soster a campá principal; reparación da maquinaria do reloxo e do mecanismo de golpeo das campás; e execución dunha nova instalación eléctrica e de iluminación en toda a torre.

O proxecto enmárcase no Plan director do conxunto da Catedral, aprobado pola Xunta de Goberno o 27 de outubro de 2009; conta co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e co ditame favorable da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico do Plan especial PE-1.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620