Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A investigadora do IDIS Sara Pischedda, premiada pola Fundación AstraZeneca polo seu estudo sobre infeccións respiratorias pediátricas

O proxecto da científica, centrado no virus metapneumovirus humano, busca identificar biomarcadores diagnósticos e prognósticos mediante tecnoloxías ómicas e intelixencia artificial

A doutora Sara Pischedda, investigadora posdoutoral do IDIS, recolleu en Madrid o IX Premio a Novos Investigadores da Fundación AstraZeneca na categoría de Enfermidades Infecciosas e Inmunoprevisibles
A investigadora do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do IDIS, Laura Muinelo Romay (á dereita), foi outra das galardoadas
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A doutora Sara Pischedda, investigadora posdoutoral do grupo XenPoB-XenViP do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), recibiu onte en Madrid o IX Premio a Novos Investigadores da Fundación AstraZeneca na categoría de "Enfermidades Infecciosas e Inmunoprevisibles".

O proxecto premiado titulado “Caracterización multi-ómica da resposta do paciente pediátrico á infección por metapneumovirus humano: identificación de biomarcadores diagnósticos e prognósticos en mostras non invasivas”, ten como obxectivo entender os mecanismos biolóxicos que determinan a gravidade da infección e desenvolver ferramentas de diagnóstico temperán e personalizado a partir de mostras non invasivas, como hisopos bucais e nasofarínxeos.

O recoñecemento de AstraZeneca inclúe un financiamento significativo que permitirá afondar na investigación e desenvolver modelos preditivos baseados en intelixencia artificial. 

O proxecto desenvólvese nunha contorna colaborativa e multidisciplinar. O grupo de Xenética de Poboacións en Biomedicina (XenPoB) e Xenética, Vacinas, Infeccións e Pediatría (XenViP) do IDIS, está dirixido polos doutores Antonio Salgas Ellacuriaga e Federico Martinón Torres, que combinan o labor investigador dun grupo con ampla traxectoria en investigación en infeccións pediátricas e vacinas. Ademais, tamén participa directamente no proxecto o grupo de Investigación Traslacional en Medicina Respiratoria do IRB Lleida, liderado polo Dr. David de Gonzalo Calvo; e o grupo de Enxeñería Biomédica da Universidade de Valladolid, dirixido polo Dr. Eduardo Santamaría Vázquez.

En palabras da investigadora do IDIS, Sara Pischedda, "este galardón reforza a colaboración entre os nosos equipos e consolida a nosa misión de transformar o coñecemento científico en beneficios reais para a saúde infantil, avanzando cara a unha medicina pediátrica máis precisa, personalizada e accesible”.

Premio en Oncoloxía

A investigadora do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do IDIS, Laura Muinelo Romay, foi tamén galardoada na área de Oncoloxía, Medicina de Precisión e Inmuno-oncoloxía polo proxecto Origyn. "O noso obxectivo é entender por que algúns doentes con cancro colorrectal ou de endometrio non responden á inmunoterapia, mesmo cando os seus tumores teñen un perfil que debería facelo", explica a investigadora.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620