Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Saibran presenta 'Durmir é para covardes', o seu novo proxecto musical

O compostelán, integrante de Boyanka Kostova, explora unha faceta máis persoal e experimental da man do selo Tremendo Audiovisual

O cantante compostelán Cibrán García (Saibran)
O cantante compostelán Cibrán García (Saibran)
Divina Traxedia
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O artista compostelán Saibran —nome artístico de Cibrán García, coñecido por ser o 50 % de Boyanka Kostova— estrea Durmir é para covardes, o seu proxecto máis persoal e experimental ata o momento. A proposta, que verá a luz antes do Nadal coa colaboración do selo Tremendo Audiovisual, chega marcada pola liberdade creativa, o humor e a experimentación sonora que caracterizan o seu autor.

Unha carta de presentación para insomnes

O primeiro sinxelo, tamén titulado Durmir é para covardes, é unha sátira irreverente e unha canción para insomnes, inspirada nos desvaríos e lucideces das noites en vela. A peza funciona como carta de presentación dun universo propio, no que se mesturan a introspección e a ironía, e que reivindica a autenticidade e o risco creativo dentro do panorama musical galego.

O proxecto conta coa participación de Julián Goicoa (baixo) e Fiz García (batería), dous músicos que completan o son de Saibran e lle achegan unha base orgánica sobre a que o artista experimenta coa electrónica e o rap, transitando entre o analóxico e o dixital cunha proposta tan libre como coherente.

Un álbum e unha posta en escena con identidade propia

Durmir é para covardes é o primeiro adianto dun álbum que verá a luz antes do Nadal, con colaboracións de artistas como Juait, crnds e Møu, e que promete consolidar a Saibran como unha das voces máis inquietas da escena galega contemporánea.

A estrea en directo chegará no mes de decembro, cun espectáculo que combinará instrumentación en vivo e produción electrónica, e co que o artista pretende sorprender ao público cun formato dinámico e inmersivo.

O sinxelo pode escoitarse xa nas principais plataformas dixitais:

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620