Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Praza de Abastos celebra 80 anos como o corazón que alimenta Compostela

O Concello homenaxea ás praceiras e praceiros máis veteranos nun acto que puxo en valor a historia, o papel social e o futuro sostible do mercado

Xan Duro y Goretti Sanmartín con los homenajeados en el 80 aniversario de la plaza de abastos
As praceiras María del Carmen Vales Aldrey e María del Carmen Rarís García, e o praceiro Antonio José González Álvarez, foron recoñecidos polo Concello pola súa longa traxectoria
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O acto da campaña"80 anos alimentando Compostela" tivo lugar e serviu de recoñecemento ás dúas praceiras e ao praceiro máis lonxevos. Trátase de María del Carmen Vales Aldrey, de Peixes Maricarmen; Antonio José González Álvarez, da Chacinería Seco, e María del Carmen Rarís García, da terceira xeración de pementeiros da súa familia.

No acto estiveron presentes a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o concelleiro de Mercados, Xan Duro; membros da Corporación municipal; a xerenta da Praza de Abastos, Marta Rey; e Joaquín Vaquero Ibáñez, neto do arquitecto do edificio, Joaquín Vaquero Palacios. Como sucedera hai 80 anos no acto de inauguración do edificio, o acompañamento musical correu a cargo da Banda Municipal de Música.

Xan Duro reivindicou “o papel da Praza de Abastos como centro de alimentación de proximidade, e como eixo central para o cumprimento do Pacto Alimentario de Milán, asinado tamén por Santiago, e co que as cidades nos comprometemos a impulsar sistemas agroalimentarios sostibles, inclusivos e diversificados, para asegurar unha alimentación saúdable e accesible para todas as persoas”.

Nesta idea incidiu a rexedora compostelá que definiu a praza como “un monumento dentro dun monumento, un mundo dentro dun mundo, unha cidade con vida propia no corazón da nosa cidade”. A alcaldesa tivo tamén palabras de recordo para Antonio Costa, propietario da carnicería Chelo & Muñico que, “case un ano despois de ser vítima dunha brutal agresión, continúa a ser lembrado polos praceiros e praceiras e tamén por unha cidade que ficou conmocionada naquela mañá de novembro do pasado ano”. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620