Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Boyanka Kostova levará o trap galego á Igrexa da Universidade o 22 de outubro

O dúo compostelán actuará nun concerto de balde, con entradas dispoñibles desde media hora antes

boyanka-kostova
Cibrán García e Chicho do Funk conforman Boyanka Kostova, referente do trap en galego

No marco das actividades de "Outono Cultural" realizadas pola USC, o dúo pioneiro de trap galego Boyanka Kostova, formado por Cibrán García e Chicho do Funk (tamén coñecido como Ortiga),  actuará o 22 de outubro ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade. As entradas poderán recollerse de balde o propio día do concerto a partir das 20.30 horas na entrada no recinto, cun máximo de dúas por persoa. 

Cibrán García e Chicho do Funk desenvolven o proxecto tomando o nome dunha atleta búlgara, aínda que de nacionalidade azerbaiyana, que practica halterofilia. É un bo exemplo de que a variedade de influencias do dúo santiagués non ten límites. Boyanka Kostova mete na cocteleira a retranca galega, o folclore rexional e os ritmos tradicionais; engaden sons urbanos, contemporáneos e electrónicos, loops de efectos, samples, caixa de ritmos… 

Non obstante, para aqueles que non den chegado a esta cita, non hai que alarmarse. Estas actividades traerán tamén un concerto do artista 9Louro, que terá lugar o 20 de novembro ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade. Ademais de outras actividades enmarcadas en exposicións, teatro ou iniciativas audiovisuais.