Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello de Santiago celebra o Día das Mulleres Rurais cun acto festivo na Gracia

A xornada, que busca recoñecer o papel esencial das mulleres do rural na sustentabilidade e na igualdade, incluirá un monólogo de humor de Leti da Taberna e a lectura dun manifesto

imagen archivo entorno rural
A concelleira Pilar Lueiro e a alcaldesa Goretti Sanmartín participarán no acto polo Día Internacional das Mulleres Rurais, que terá lugar o sábado 18 no Centro Sociocultural da Gracia
USC

O feminismo e a loita pola igualdade de xénero non é unha cuestión única de zonas urbanas, senón que esta pelexa tamén está no mundo rural, cuxas mulleres representan a unha cuarta parte da poboación mundial. Desta forma, a loita pola igualdade nesta contorna é tamén un ingrediente fundamental para a loita contra a pobreza extrema, fame e acción climática posto que, segundo sinalan dende Nacións Unidas, "elas aseguran a metade do sustento alimenticio planetario e custodian o medio ambiente e biodiversidade". 

Un recordo desta loita é o Día Internacional das Mulleres Rurais, que se celebra anualmente o 15 de outubro, data declarada como tal pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2007, co obxectivo de fomentar a igualdade de oportunidades, sensibilización e información. Con este propósito, o Concello de Santiago organiza un acto festivo que terá lugar o sábado 18 de outubro ás 11.30 horas no Centro Sociocultural da Gracia

Cartaz Día das Mulleres Rurais
Cartaz Día das Mulleres Rurais
Concello de Santiago

O encontro será inaugurado pola concelleira de Relacións Veciñais, Pilar Lueiro, e clausurado pola alcaldesa, Goretti Sanmartín. Tras a apertura oficial, os asistentes poderán desfrutar dun monólogo de humor de Leti da Taberna, humorista e creadora de contido dixital que vive no rural compostelán. A continuación, darase lectura a un manifesto.