Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago convértese en fiestra a Palestina coa Semana de Cine Euroárabe Amal 2025

A Semana de Cine Euroárabe Amal centrará a súa nova edición en Palestina, cun programa que reivindica o audiovisual como ferramenta contra a indiferenza

Imagen de "This is Gaza", documental
O director de Amal, Ghaleb Jaber Martínez, destacou que o festival busca “ser unha pantalla que se rebela contra a inxustiza e a barbarie”
Festival Amal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Semana de Cine Euroárabe Amal 2025 inaugurarase o luns 20 co documental "This is Gaza" do director Tom Besley,  no que combina a mirada xornalística coa experiencia vital de Yousef Hammash, xornalista do equipo de Channel 4 News, quen conta a súa historia desde Gaza por primeira vez ante a cámara.  

Desta forma dase inicio a cinco días, do 20 ao 24 de outubro no Teatro Principal de Santiago, a un festival que "máis ca nunca, ten a obriga de ser unha pantalla que se rebela contra a inxustiza, a vergoña e a barbarie", segundo sinala Ghaleb Jaber Martínez, director da Semana de Cine Euroárabe Amal. 

Para esta edición, segundo sinalou Jaber Martínez, a mirada céntrase en Palestina, facendo referencia ao conflito actual no territorio, e mesmo á propia historia da familia Jaber que fuxiu de Yafa a Nablus, a onde foron expulsados ata partir a terras xordanas. “Desde o Grupo Araguaney entendemos a cultura como unha das principais riquezas que podemos deixar á cidadanía. Facer Amal é unha cuestión de principios. O mundo pódese destruír pola indiferenza. O audiovisual é unha arma para humanizar diferentes culturas. É fundamental ver cine e consumir cultura para conseguir un mundo mellor”.

O lema deste 2025 é "Todas somos Palestina. Unha ollada a través do cine", poñendo énfase en aclarar a crúa realidade da poboación palestina nestes últimos dous anos, marcada non  só pola destrución do seu territorio, senón tamén pola “fame deliberada” utilizado como arma de guerra polo exército israelí a modo de método cruel e planificado de exterminio

Catro documentais e unha ficción

Amosaranse cinco cintas, catro documentais e unha largometraxe de ficción, que poderán verse nun pase único por día de luns a venres.  A xornada inaugural do luns será ás 20.00 horas, con entrada de balde para a proxección do documental “This is Gaza”, cita á que asistirá o documentalista Yousef Hammash, protagonista do documental, e a xornalista Olga Rodríguez.

martes proxectarase o documental Janin, Jenin, ás 21.00 horas, sesión á que asistirá o actor palestino Saleh Bakri. O mércores amosarase a ficción The time that remains, ás 21.00 horas, que contará tamén coa asistencia de Saleh Bakri. Por outra banda, o xoves terá lugar a visualización do documental “Notes on displacement”,tamén á mesma hora, onde participará o presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim. 

Finalmente, o venres pecharase o festival co documental The encampments, ás 21.00 horas, cita á que asistirá o director do Festival Amal e presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Martínez

As entradas de martes a venres terán un custo de tres euros (+ gastos de xestión) e estarán á venta en Ataquilla.com. Tamén as entradas restantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal, unha hora antes de cada proxección.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620