Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago homenaxea a Fernando Calvet cunha placa no parque das Ciencias

O Concello lembra ao pioneiro da bioquímica galega, impulsor da biotecnoloxía e da industria farmacéutica en Galicia

Homenaje Fernando Calvet en el parque de las Ciencias
A alcaldesa e a concelleira Alicia Estévez acudiron ao acto de homenaxe a Fernando Calvet no parque das Ciencias
Concello de Santiago

O parque das Ciencias, en San Roque, acolleu esta mañá un acto de homenaxe ao químico Fernando Calvet, a quen este ano a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) lle adica o Día da Ciencia

Ao evento, organizado polo Concello de Santiago en colaboración coa Academia, asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a vicepresidenta da RAGC, Alicia Estévez; o vicedecano da facultade de Química da Universidade de Santiago, Pedro Rodríguez; e membros da Corporación municipal.

placa homenaje fernando calvet parque de las ciencias
A homenaxe a Fernando Calvet suma o seu nome á serie de científicos galegos recoñecidos no parque das Ciencias
Concello de Santiago

A alcaldesa falou da "extraoridinaria relación de Fernando Cavet con Santiago", tanto no seu vínculo coa Universidade como "na defensa das liberdades e do recoñecemento de Galicia como un país e as súas ideas modernas e avanzadas para a época, que lle había de valer a represión despois do 36". 

Alicia Estévez destacou "o labor de Calvet como pioneiro e modernizador da química orgánica na bioquímica en Galicia" e a súa tarefa como impulsor da biotecnoloxía e a industria farmacéutica galega. Mencionou tamén a súa achega á modernización da universidade.