Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Negreira súmase ao Camiño Escena Norte coa representación de 'Globe Story', da compañía rioxana El Perro Azul

A peza, inspirada no cine mudo, representarase este venres 17 de outubro no auditorio Municipal Afonso Eanes de Cotón dentro do itinerario Constelacións

A función 'Globe Story'
A función 'Globe Story'
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Auditorio Municipal Afonso Eanes de Cotón de Negreira converterase este venres 17 de outubro, ás 20.30 horas, nun dos novos escenarios do Camiño Escena Norte (CEN), o proxecto de intercambio cultural que une as artes escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa. A localidade súmase así por primeira vez á rede de sedes deste programa, que chega á súa sétima edición consolidado como un referente de cooperación cultural no norte peninsular.

A función inaugural en Negreira estará a cargo da compañía rioxana El Perro Azul, que presentará Globe Story, unha proposta teatral sen texto para todos os públicos que emprega o humor visual e o ritmo do cine mudo para contar unha historia de amor universal. A obra, recoñecida pola súa posta en escena trepidante e poética, mestura xestos, música e escenografía minimalista para crear un relato accesible e emotivo, pensado tanto para público infantil como adulto.

As entradas teñen un prezo de 3 euros e poden adquirirse a través da plataforma www.woutick.es. A peza conta cun teaser audiovisual dispoñible en YouTube.

Un proxecto que conecta territorios a través da cultura

Camiño Escena Norte, promovido por Escena Galega e as asociacións profesionais doutros cinco territorios do norte de España, busca promover o intercambio cultural a través do teatro, a danza e o novo circo, tomando como fío condutor os roteiros históricos do Camiño de Santiago. Nesta edición, o programa Itinerario Constelacións percorre 60 espazos de exhibición repartidos por seis comunidades autónomas.

Tras a cita de Negreira, a programación en Galicia continuará con Zozobra en Outes (19 de outubro), El jardín de las posibilidades en Vimianzo (25 de outubro) e Postales rotas en Ribadeo (26 de outubro), que porá o broche final ao percorrido galego desta edición.

O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), ademais dos gobernos das comunidades participantes e o Ministerio de Cultura. Tamén colaboran a Deputación de Lugo, Vegalsa-Eroski e Deleite como patrocinadores oficiais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620