Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A exposición urbana ‘Tesouros da terra’ chega á Alameda para celebrar o centenario da Cámara Oficial Mineira de Galicia

A mostra, que se poderá visitar ata o 23 de outubro, repasa máis de 2.500 anos de historia da minería galega e a súa relación con Santiago de Compostela

O acto inaugural terá lugar o martes, 14 de outubro, ás 11.30 horas, e estará presidido pola presidenta da COMG, Cecilia Trancón
O acto inaugural terá lugar o martes, 14 de outubro, ás 11.30 horas, e estará presidido pola presidenta da COMG, Cecilia Trancón
Cedida

O Parque da Alameda de Santiago de Compostela acolle desde esta semana a exposición urbana ‘Tesouros da terra: a minería galega a través do tempo’, unha iniciativa da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) coa que a entidade conmemora o seu centenario.

A mostra ofrece unha viaxe pola historia mineira de Galicia, a través de oito paneis divulgativos que recollen máis de 2.500 anos de vinculación entre o territorio e a actividade extractiva, destacando a súa importancia histórica, social e económica para o desenvolvemento da comunidade.

O legado mineiro en Compostela

A exposición tamén pon en valor a relación histórica entre Santiago e a minería, presente en elementos tan emblemáticos como a construción da Catedral ou outros edificios históricos que empregaron materiais procedentes das canteiras galegas.

O acto inaugural terá lugar o martes, 14 de outubro, ás 11.30 horas, e estará presidido pola presidenta da COMG, Cecilia Trancón. Durante a presentación ofrecerase unha pequena explicación sobre o contido da mostra e o legado que a minería deixou tanto en Galicia como na capital compostelá.

A iniciativa poderá visitarse ata o 23 de outubro no propio recinto da Alameda, convidando a cidadanía a achegarse a coñecer este patrimonio mineiro que forma parte da identidade e da historia galega.