Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Pingüíns, difusores de contaminación na Antártida

Un estudo no que participa a USC revela que as colonias destes animais concentran metais tóxicos e compostos químicos

Foto de archivo de pingüino
A mostraxe realizouse en colonias de pingüíns das illas Livingston e Decepción
Jay Ruzesky
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os pingüíns actúan de forma que son capaces de transferir contaminantes desde o medio mariño cara os ecosistemas terrestres antárticos. Estes contaminantes poden vir da propia actividade biolóxica das aves, a influencia da actividade volcánica da ila Decepción e, en menor medida, da actividade humana vinculada a bases científicas e turismo.

Estas son as conclusións as que chegou persoal investigador da USC e do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC) en colaboración con colegas das universidades de Barcelona e Oviedo. Os resultados foron publicados na revista "Geoderma".

“Os pingüíns son esenciais para o equilibrio da vida na Antártida, pero tamén poden converterse nunha fonte natural de contaminación nun ambiente extremadamente fráxil”, sinala o profesor X.L. Otero, catedrático da Universidade de Santiago e investigador do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS) e coordinador do estudo.

Nalgúns puntos os niveis deses metais superaron os valores de referencia internacionais. E aínda que os solos parecen soportalos sen efectos inmediatos, “de filtrarse cara a regatos ou augas costeiras, poderían afectar organismos acuáticos extremadamente sensibles, como o plancto, base da cadea alimentaria marina”, sinala Begoña Pérez, investigadora do Centro Oceanográfico de Vigo do IEO-CSIC e primeira autora do traballo.

Unha intensa actividade volcánica

O estudo tamén detectou a presencia de compostos contaminantes que noutras partes do mundo solen estar asociados á queima de combustibles fósiles ou procedentes do petróleo. Non obstante, na Antártida a situación é diferente: na illa Decepción estes proveñen, en gran medida, da intensa actividade volcánica rexistrada nos últimos séculos, mentres que en Livingston están máis vinculados ao guano das aves.

“Aínda que as concentracións atopadas non alcanzan niveis de alarma e son entre 50 e 1000 veces inferiores ás que xeran efectos tóxicos nos organismos mariños, a investigación rompe coa idea de que a Antártida é un entorno inalterado”, sinala Begoña Pérez.

Ademais, o aumento de precipitacións e o desxeo do permafrost debido ao cambio climático, poderían mobilizar os metais e contaminantes acumulados nos solos e o guano, trasladándoos a lagos e zonas costeiras, onde poden resultar prexudiciais para especies sensibles e alterar as cadeas tróficas polares.

Cristina García-Hernández e Jesús Ruiz Fernández, profesores do Departamento de Xeografía da Universidade de Oviedo que realizaron o traballo de campo, destacan a importancia do achado, que subliña “a extrema fraxilidade dos ecosistemas antárticos ante o cambio climático global, xa que o desxeo podería mobilizar estes contaminantes acumulados cara as augas costeiras,  o que afectaría directamente a base da cadea trófica mariña".

O estudo contou ademais co apoio do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a través do Programa de Investigación Polar, da Xunta de Galicia (Axudas á Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG del Plan Galego IDT) e a Generalitat de Cataluña.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620