SiSONS regresa a Santiago con catro días de música e encontros profesionais
Do 15 ao 18 de outubro, o evento combinará actuacións gratuítas e showcases con debates sobre dereitos de autor e promoción da música emerxente

Unha nova edición do encontro cultural e musical SiSONS terá lugar do 15 ao 18 de outubro en distintos espazos de Santiago de Compostela como Casa das Máquinas, Borriquita, Riquela, Capitol, Pazo de San Roque e Parque de Bonaval. Contará coa participación de artistas galegos destacados como Deninghures, Sekadra, Crúas, Aksak, Alexia, Fiandola ou Bala, xunto a músicos internacionais como Leni Pérez, KMKR ou o grupo extremeño Neval.
Entre as propostas destacan concertos de entrada gratuíta, ademais dos que se celebran na Sala Capitol, así como actividades de networking, debates sobre dereitos de autor e showcases para promover a música emerxente . O festival culminará con una foliada musical no Parque de Bonaval.
O evento está organizado por MusicArte e a Asociación Cultural Tres por Cuatro e conta co respaldo de Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Cultura e a Acción Cultural Española, AC/E. O festival foi presentado en rolda de prensa este martes cunha edición que pretende distinguirse polo seu carácter integrador, combinando actuacións para todos os públicos con encontros profesionais









