Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello licita o mantemento do parque arqueolóxico da Rocha Forte por máis de 90.000 euros

O contrato, con tres anos de duración, inclúe tarefas de limpeza, roza e consolidación baixo control técnico especializado

Vista aérea do castelo da Rocha Forte
Vista aérea do castelo da Rocha Forte
Concello de Santiago

A Xunta de Goberno de Santiago aprobou o expediente para licitar o servizo de mantemento do parque arqueolóxico da  Rocha Forte cun orzamento base de 90.490,81 euros para tres anos de duración do contrato. 

A portavoz do Goberno local, Míriam Louzao, explicou en rolda de prensa que este programa de mantemento do sitio arqueolóxico inclúe “roza, limpeza e consolidación arqueolóxica do xacemento” e que “afecta ao ámbito pechado polo valo e as áreas exteriores inmediatas, nunha faixa de 35 m de ancho”. No interior do recinto, a roza realizarase de xeito manual ou con maquinaria lixeira e aplicaranse tratamentos herbicidas non residuais, para non afectar o solo arqueolóxico. Tamén se consolidarán noiros, materiais arqueolóxicos, elementos  pétreos e morteiros soltos ou deteriorados.

Os traballos de mantemento realizaranse con control e seguimento arqueolóxico, polo que o contrato inclúe a redacción do proxecto e a memoria técnica que estipula a normativa. Tamén se reporán os desperfectos nas reixas do cercado e se realizará o mantemento dos paneis informativos.