Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Douscentos estudantes clausuran no Obradoiro o Encontro Coral Escolar sobre Benestar Emocional

O proxecto, impulsado polo Ministerio de Educación, reuniu en Santiago ao alumnado de catro institutos de España para convivir e crear a través da música

Encontro Coral Escolar sobre Benestar Emocional 2025
O concerto final na Praza do Obradoiro puxo o broche a catro días de ensaios, roteiros e actividades

A Praza do Obradoiro acolleu o concerto de clausura do Encontro Coral Escolar sobre Benestar Emocional no que, durante catro días, un total de 200 rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos conviviron en Compostela a través da música, os ensaios, roteiros e dinámicas compartidas. 

O encontro culminou con este concerto na Paza do Obradoiro, que foi precedido dunha recepción insitucional no Concello por parte das autoridades locais. No recital, os coros interpretaron cinco pezas traballadas ao longo destes días, con repertorio galego, brasileiro e de creación propia. Trátase do segundo fito dun proxecto de dous anos que comezou o curso pasado en Ávila e Ciempozuelos, continúa agora en Santiago e rematará en febreiro cunha reunión final en Cartaxena.

Encontro Coral Escolar sobre Benestar Emocional
O concerto foi precedido por unha recepción institucional

Este proxecto colaborativo é promovido polo Ministerio de Educación dentro do programa de Agrupación de Redes de Centros Educativos. Participou estudantado procedente do IES Galileo Galilei de Cartaxena, o IES Isabel de Castilla de Ávila, o IES Francisco Umbral de Ciempozuelos e o IES Antonio Fraguas de Santiago.