Santiago de Compostela
Unha sesión aberta en Compostela abordará o papel do videoxogo galego como patrimonio cultural
A Facultade de Xeografía e Historia acollerá este venres unha sesión aberta con representantes do Museo do Videoxogo

Exterior de la Facultade de Xeografía e Historia
USC
A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela será escenario este venres 3 de outubro, ás 12.00 horas, da lección inaugural do Máster en Patrimonio Cultural Dixital, cunha sesión aberta ao público baixo o título O videoxogo galego. Ocio, industria, cultura, patrimonio.
O videoxogo como patrimonio cultural
A actividade, que se desenvolverá na Sala de Profesores do centro, contará coa participación de representantes do Museo do Videoxogo, quen achegarán unha reflexión sobre a relevancia dos videoxogos como vehículo cultural e de memoria colectiva, ademais da súa dimensión como industria emerxente en Galicia.
