Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Unha nova ferramenta permitirá coñecer o risco de lumes en Galicia

No marco dun proxecto europeo, a Xunta desenvolve un instrumento que analiza diversas variables para determinar estratexias que permitan previr os incendios

Incendio forestal 
Cedida 
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Consellería do Medio Rural está a desenvolver unha ferramenta que permitirá coñecer o risco de incendios forestais, así como as áreas nas que se deben deseñar estratexias de prevención. Con este instrumento, a Xunta busca diminuír o número de lumes e reducir a superficie queimada no caso de que estes se produzan, en liña cos obxectivos do Pladiga.

As actuacións da man do proxecto USE4FOREST realizaranse nas provincias de Ourense e Pontevedra, dentro do marco do programa europeo Interreg-Sudoe, unha iniciativa na que a Consellería participa como beneficiaria principal a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

A iniciativa parte da base de analizar diferentes variables como o medio (vexetación e clima) e os factores antropoxénicos (poboacións e cultivos). Con elas, avalíase o impacto, eficacia e transferibilidade das solucións, de cara a desenvolver estratexias de prevención intelixente nos espazos forestais de máis risco, considerando os seus recursos naturais, socioeconómicos, tecnolóxicos e de xestión para abordar esta necesidade de forma global.

A estratexia para a prevención de incendios no sureste europeo, o Sudoe, apela a unha mellora dos espazos forestais baseada en tres fases: o coñecemento exhaustivo dos condicionantes do problema; o desenvolvemento, proba e demostración nos territorios participantes de ferramentas innovadoras para a prevención, xestión e anticipación dos incendios forestais; e a súa transferencia e capitalización a escala Sudoe.

Deste xeito, o proxecto acolle entidades e administracións de varias comunidades autónomas e dos países do suroeste europeo, España, Francia e Portugal, co obxectivo de abordar solucións comúns na prevención de incendios forestais nestes territorios e poñer o foco nos habitantes das zonas

afectadas polos lumes e apostando pola pedagoxía, a sensibilización e a concienciación da cidadanía. Este proxecto estará vixente até decembro de 2026, cun investimento de case tres millóns de euros.

Con el, afondaraes nas variables que condicionan os lumes na zona, abrindo a porta a solucións innovadoras do uso dos espazos forestais co fin de mellorar a súa resiliencia ante os incendios.

Socios do proxecto 

Ademais da Consellería do Medio Rural da Xunta, participan tamén a Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense, en Galicia, canda a Junta de Castilla y León, a Hazi Fundazioa, o Euskalmet e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

Colaboran tamén o Ministério da Administraçaõ Interna Autoridade Nacional de Emergência e Proteção Civil; Comunidade Intermunicipal das Terras de Trás-os-Montes; o Instituto Politécnico de Bragança Centro de Investigação de Montanha de Portugal, así como o Centre Régional de la Propriété Forestière Nouvelle-Aquitaine; o Département de l'Aude DGA Solidarités territoriales Mission Europe; o Syndicat Mixte du Pays Sud Charente e o Syndicat Mixte d'amenagement et de gestion du PNR Corbières- Fenouillèdes de Francia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620