Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Outubro en Apego: contos, xogos… e mesmo bolachas de castañas

O Espazo Apego ofrece actividades de socialización en galego para crianzas de 0 a 6 anos, con obradoiros de cociña, espectáculos e tardes de contos

Puñado de castañas
O Espazo Apego programa en outubro propostas arredor do xogo, a lectura e a cociña,
Adriana Quesada

O Espazo Apego prepárase para recibir o outono coa súa programación de outubro na que haberá dous luns de "Merendolas", coa especial presenza das castañas; volverán as tardes de contos os martes; e "Enredando e lingoretando" os mércores para que os máis pequenos teñan a oportunidade de ter un espazo de socialización en galego. 

Todas as actividades propostas se desenvolven con inscrición previa cubrindo un formulario. O día anterior sobre as 12.00 horas recibirase un correo coa confirmación da praza.

Programación

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo "Merendolas", a psicomotricidade será a guía en "Movéndonos con Apego" e a ciencia será a protagonista en "Experimentamos". De 17.00 a 19.00 horas para rapaces de 2 a 6 anos.

Por outra banda, os martes tamén haberá un tempo para entrar nos contos aprendendo palabras para comprender o mundo. Estas actividades desenvolveranse cada semana arredor dun centro de interese diferente e dentro de dous horarios: e 17.00 a 18.00 horas para a franxa de 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 horas para 3 a 6 anos.

"Enredando e lingoretando" permitirá un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17.00 a 19.00 horas todos os mércores de outubro.

No marco de "Tachán!", dos xoves do mes ofertaranse espectáculos. O xoves 9 terá lugar "Contos de animalario" de Vero Rilo: unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que poidamos ver, unha chea de encontros cos animais máis marabillosos. Finalmente, o xoves 23 darase "Entre arrolos e contiños" de Bea Campos.