Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Armando Requeixo presenta en Santiago o seu novo libro: 'Literatura insólita'

A libraría Follas Novas acollerá este xoves un acto no que participarán tamén Rosalía Morlán, Ánxela Gracián e Marcos Calveiro

Armando Requeixo
Armando Requeixo
Crebas.gal

A libraría Follas Novas, en Santiago de Compostela, será este xoves 2 de outubro ás 20.00 horas o escenario da presentación de Literatura insólita, o novo libro de Armando Requeixo, publicado por Editorial Galaxia.

O autor estará acompañado polas escritoras Rosalía Morlán e Ánxela Gracián, así como por Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia, nun acto que promete ser unha celebración das marabillas ocultas da literatura.

O evento na libraría Follas Novas está aberto ao público e supón unha oportunidade para achegarse ao autor e á súa particular ollada sobre o mundo das letras.

No volume, Requeixo reúne unha ampla selección de artigos nos que explora o lado máis curioso, sorprendente e misterioso da creación literaria. A obra percorre manías e costumes de escritores, profesións paralelas, precocidades e lonxevidades literarias, mortes novelescas, títulos singulares, linguas insólitas ou volumes prohibidos.

Literatura insólita convida tamén a mergullarse en territorios inesperados, como illas e reinos fabulosos, cemiterios, trens, xadrez, deporte, humor, medicina, matemáticas, cabalos, paraugas, templarios ou mesmo a intelixencia artificial.