Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Tres galegos na Segunda Guerra Mundial: a USC recupera a memoria de Otero, Mosteiro e Faraldo

O profesor Javier Fernández Castroagudín afonda en tres estudos sobre emigrantes galegos que combateron no exército estadounidense e cuxa historia permanecía case descoñecida

Marines cun morteiro de 81 mm en acción en Saipan
Marines cun morteiro de 81 mm en acción en Saipan
Uncommon valor
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os nomes de Manuel Otero Martínez, Celso Mosteiro e Abel Faraldo están unidos por un nexo común: os tres galegos combateron durante a Segunda Guerra Mundial no exército estadounidense. O profesor da USC Javier Fernández Castroagudín acaba de participar en tres estudos nos que se profunda nos periplos vitais destes tres emigrantes no continente americano.

Así, o artigo titulado "Un emigrante gallego alistado en el ejército estadounidense durante la segunda guerra mundial. El caso de Manuel Otero Martínez", publicado en Cuadernos de Estudios Gallegos e en colaboración coa Asociación GRH Big Red One ‘Manuel Otero’, aborda como a emigración “constituíu para Galicia un sinal de identidade e un elemento histórico-cultural de primeira magnitude”.

A emigración aos Estados Unidos, aínda que minoritaria respecto a outros destinos, reúne unha serie de características que lle confiren unha notable singularidade. O rexistro e recrutamento nas forzas armadas estadounidenses de galegos residentes nos Estados Unidos durante a Segunda Guerra Mundial é un aspecto totalmente inexplorado, coñecido só pola aparición ocasional de historias persoais. “A investigación sistemática das mesmas pode servir de base para o coñecemento e a recuperación da memoria dos emigrantes galegos que sufriron este grao extremo de asimilación”, explica o profesor Javier Fernández.

Manuel Otero, natural do concello de Outes e emigrado aos Estados Unidos no ano 1941, menos de dous meses antes da entrada do seu país de acollida na Segunda Guerra Mundial, “foi actor e testemuña de circunstancias históricas extraordinarias”. Compartía moitas das características do perfil do emigrante galego en Estados Unidos, tratándose dun home novo, alfabetizado, orixinario dunha localidade costeira da provincia da Coruña, e mariñeiro de profesión, circunstancia que facilitou a súa chegada aos Estados Unidos nunha época na que a entrada ao país estaba restrinxida. 

A pesar da súa profesión previa de mariñeiro, o traballo de Otero estivo relacionado coa construción, aínda que se descoñece a súa ocupación específica. Foi recrutado e adestrado aínda coa nacionalidade española, pero iniciou con prontitude os trámites para a obtención da nacionalidade estadounidense aproveitando a circunstancia do servizo militar. “Descoñecemos, con todo, as súas motivacións, a súa lealdade, a súa actitude cara á guerra e os seus proxectos vitais, que de todos os xeitos foron truncados polo conflito nunhas circunstancias verdadeiramente excepcionais para un emigrante galego”, explica o profesor. 

Pola súa parte, o estudo titulado "Españoles en la Segunda Guerra Mundial: la última misión del first lieutenant Celso Mosteiro", céntrase na figura deste outro galego que con 24 anos foi rexistrado no primeiro chamamento, o 16 de outubro de 1940, no Local Board n.º 2 de Nova York. Mosteiro Correa naceu na Coruña o 21 de setembro de 1916. Aínda que a familia era orixinaria de Sada, aparece como residente no municipio da Coruña nos Boletíns Oficiais da Provincia da Coruña do 18 de xullo de 1936 e do 20 de febreiro de 19375. Tras o estalido en España da Guerra Civil, decidiu emigrar con 20 anos aos Estados Unidos e desapareceu na contenda bélica mundial nun accidente de aviación. Esta investigación desenvolveuse en colaboración co Grupo de Investigación Manuel Otero.

A participación en accións de guerra de emigrantes españois recrutados nas forzas armadas estadounidenses durante a Segunda Guerra Mundial foi descoñecida en gran medida ata datas recentes, tal e como subliña o derradeiro dos estudos que asina o profesor Castroagudín e que se centra na figura de Abel Faraldo Maceira, nacido en Galicia, e que se alistou no Corpo de Marines en 1942, asignado á súa 4.ª División, coa que participou nos asaltos anfibios de Roi-Namur, Saipan, Tinian e Iwo Jima, onde resultou gravemente ferido. O estudo titulado "«Uncommon valor»: Abel Faraldo, un emigrante gallego en el cuerpo de marines de los Estados Unidos durante la Segunda Guerra Mundial" pon en valor a súa narrativa persoal e encádraa no contexto do seu proceso migratorio, do servizo á súa comunidade e país de acollida e da súa contribución ao esforzo bélico estadounidense durante a Segunda Guerra Mundial.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620