Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago acollerá en novembro o primeiro salón do videoxogo en Galicia

O Palacio de Congresos será a sede de Píxel á Feira, unha cita pioneira organizada pola Deputación da Coruña

Imaxe de arquivo dunha feira de videoxogos
Imaxe de arquivo dunha feira de videoxogos
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Galicia contará por primeira vez cun evento dedicado en exclusiva ao mundo do videoxogo. Os días 8 e 9 de novembro, o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela acollerá a primeira edición de Píxel á Feira, un encontro pioneiro impulsado pola Deputación da Coruña que busca situar este medio no centro da vida cultural galega e recoñecelo como unha manifestación artística, motor creativo e espazo de convivencia.

O comisario desta primeira edición será Iago Gordillo, director do proxecto audiovisual Recuncho Gamer e unha das voces máis recoñecidas do sector en Galicia.

Iago Gordillo, nunha foto de arquivo
Iago Gordillo, nunha foto de arquivo
Redes sociais

Un encontro aberto a todo o público

A cita pretende consolidarse como referente anual da industria do videoxogo en Galicia, ofrecendo un programa diverso e dirixido a todas as idades. Haberá espazos para xogar, probar novos contidos e descubrir propostas educativas e tecnolóxicas, ademais de charlas, torneos e actividades para público especializado e curiosos que se acheguen por primeira vez.

O evento reunirá profesionais nacionais e internacionais, creadoras, xogadores e público en xeral, favorecendo o diálogo e o intercambio de experiencias. Tamén contará cun espazo comercial con tendas especializadas, librarías e negocios ligados á cultura dixital, reforzando así a visibilidade do tecido local.

Segundo a organización, Píxel á Feira pretende ser un punto de encontro entre lecer e reflexión, marcando un antes e un despois no recoñecemento da cultura dixital como parte esencial da sociedade contemporánea galega.

En vindeiras semanas daranse a coñecer máis detalles da programación a través dos canais oficiais do proxecto.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620