Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Herbón celebra o VIII centenario do 'Cántico das Criaturas' cun concerto extraordinario

A Orquestra Clásica de Valga interpretará este venres un programa inspirado na espiritualidade franciscana, coa estrea en Galicia dunha obra do compositor italiano Emanuele Stracchi

Convento de Herbón (Padrón)
Convento de Herbón (Padrón)
Turismo de Padrón
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Convento de Herbón converterase este venres, 3 de outubro, ás 19.00 horas, nun escenario musical de excepción para celebrar o VIII Centenario do Cántico das Criaturas, a emblemática obra de San Francisco de Asís. A cita estará a cargo da Orquestra Clásica de Valga, dirixida por Manuel Villar Touceda, acompañada polas voces solistas da soprano Andrea Torrado García e do barítono Eliseu Mera Quintas. 

Un programa de espiritualidade e vangarda

O repertorio inclúe a estrea en Galicia de Laudes Creaturarum, do compositor italiano Emanuele Stracchi, recoñecido internacionalmente polo seu traballo no ámbito da música sinfónica, o teatro e o cinema. Stracchi, gañador do World Melodia Championship 2024, desprazarase desde La Spezia para asistir á primeira execución pública da súa obra en Galicia.

A presenza do autor reforza o carácter simbólico do concerto, concebido como un encontro entre tradición e creación contemporánea, onde a linguaxe musical actual dialoga co texto franciscano desde unha perspectiva sobria e evocadora. 

O Convento de Herbón como espazo cultural

Este concerto supón tamén un novo impulso para o Convento de Herbón como escenario cultural. Nos últimos meses, o espazo vén acollendo unha programación que combina memoria, espiritualidade e creación viva. O concerto, de acceso libre e gratuíto, consolida Herbón como un lugar de encontro entre patrimonio, comunidade e arte contemporánea.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620