Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

As universidades galegas poñen o foco nos coidados e nas masculinidades igualitarias

A xornada internacional "Tecendo Coidados" reunirase o 7 de outubro en Santiago con relatorios, mesas de debate e obradoiros arredor da igualdade e a mocidade

Foto archivo estudiantes en el campus sur
A actividade pon o foco nos coidados e a construción de masculinidades igualitarias entre a mocidade
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

As tres universidades galegas organizan o 7 de outubro unha nova xornada internacional co lema ‘Tecendo Coidados. Construíndo Masculinidades Igualitarias desde a Mocidade’. A actividade pretende pór no centro o valor dos coidados e a construción de masculinidades igualitarias entre a mocidade, evitando seguir reproducindo relacións de poder que impiden avanzar cara a sociedades máis xustas e inclusivas.

Realizada ao abeiro do Plan Corresponsables 2025, a xornada desenvolverase no Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC a partir das 9.30 horas co acto inaugural. A continuación, Octavio Salazar Benítez pronunciará o relatorio "Pode ser o feminismo unha proposta emancipadora para os homes?" e Mar Venegas Medina fará o propio con "O bocexo como trincheira: 'Fatiga feminista', masculinidades e a batalla invisible dos coidados". Xa ás 12.00 horas terá lugar unha mesa de debate cos membros do Consello de Estudantes das Universidades do SUG Samuel Merino e Iván Roiz Pereda.

A sesión da tarde comezará ás 16:30 horas co relatorio do profesor da USC Jorge García Marín "Coidar é revolucionario: tamén para os homes" e proseguerá cun obradoiro  cargo de Juan José Lorenzo Castiñeiras. As xornadas clausuraranse ás 20.00 horas logo do debate das conclusións.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620