Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago prepara unha nova cita máxica: regresa o festival "Encantos en Compostela"

A segunda edición celebrarase do 10 ao 12 de outubro de 2025 con artistas internacionais, propostas solidarias e actividades nos barrios e parroquias

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, xunto ao equipo organizador, na presentación do festival Encantos en Compostela
A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, xunto ao equipo organizador, na presentación do festival Encantos en Compostela

Santiago volverá encherse de ilusión coa segunda edición do festival de maxia "Encantos en Compostela", que se celebrará do 10 ao 12 de outubro do 2025. O festival busca ofrecer unha experiencia para todos os públicos, combinando entretemento, participación e sorpresa.

O fetival meda en extensión, saíndo do centro histórico e espallándose cara aos barrios e parroquias de Compostela para crecer en accesibilidade. E faino tamén en inclusión e solidariedade, con actuacións no Hospital Clínico Universitario e nas residencias de maiores para achegar ilusión a residentes e visitantes.

Nesta segunda edición, o festival, da o salto internacional traendo a prestixiosos e galardonados magos nacionais e estranxeiros como Gonzalo Albiñana, gañador do Gran Premio Extraordinario de Maxia 2023, e o recoñecido mago Axel Hecklau, cunha ampla traxectoria e varios premios mundiais no seu haber. Ademais reforza a súa aposta polo talento galego, contando coa participación de destacados magos e magas como Samuel Moreno, Eloy Fernández e Iago Saavedra ademais de Óscar Fernández e Sara Rodríguez, creadores do proxecto. 

Descentralización

Pola noite, a maxia transforma o centro urbano en espazo de ilusión e sorpresa coa celebración de sesións de maxia de cerca, que forman parte do programa local “Habelas Hainas” e se realizan en colaboración coa asociación Compostela Máxica. Estas funcións, de acceso con entrada simbólica, permiten experimentar o ilusionismo a poucos centímetros, nun ambiente íntimo e envolvente, achegando o público a unha das expresións máis puras e fascinantes da maxia contemporánea.

Un ano máis, a maxia solidaria segue sendo un dos eixes centrais do festival. Nesta edición, levarase ilusión a tres residencias de maiores de Santiago e ao Hospital Clínico Universitario, garantindo que a maxia chegue a quen máis o precisa.

Programación

Venres 10 de outubro:

  • 11.00 horas: Óscar Fernández para o público do centro Residencia Volta do Castro.
  • 11.30 horas: Iago Saavedra para o público do centro Residencia de maiores Fundación Amancio Ortega.
  • 12.00 horas: Samuel Moreno para o público do centro Residencia DomusVi.
  • 12.00 horas: Eloy Fernández, para todos os públicos no Ratiños Coffee Shop. 
  • 18.00 horas: Sara Rodríguez no CSC O Romaño.
  • 18.30 horas: Samuel Moreno no CSC José Saramago de Vite. 
  • 19.00 horas: Samuel Moreno no Academia FlyingFun.
  • 19.00 horas: Eloy Fernández no Meiga Backpackers Hostel.
  • 20.30 horas: Axel Hecklau no Museo de maxia.
  • 22.30 horas: Eloy Fernández no Bar Entreportas. 

Sábado 11 de outubro:

  • 12.00 horas: Gonzalo Albiñana no CSC de Fontiñas.
  • 12.00 horas: Eloy Fernández en A Medusa Pub.
  • 18.00 horas: Iago Saavedra no CSC Vidán.
  • 18.00 horas: Gonzalo Albiñana no CSC de Laraño.
  • 19.00 horas: Eloy Fernández na Casa das Crechas.

Domingo 12 de outubro:

  • 11.00 horas: Gonzalo Albiñana para o público do centro Sala Andrea H. Clínico.
  • 12.00 horas: Iago Saavedra no CSC Casa Agraria.
  • 12.30 horas: Samuel Moreno no pavillón de Lavacolla. 
  • 18.00 horas: Samuel Moreno no CSC Aurelio Aguirre de Conxo.