Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Marcha Ciclista Unificada regresará a Compostela o 4 de outubro con saída e chegada no Obradoiro

A etapa compostelá contará con 49 participantes entre deportistas con e sen discapacidade intelectual, voluntariado e persoal técnico

Presentación en Santiago da XIII Marcha Ciclista Unificada
Presentación en Santiago da XIII Marcha Ciclista Unificada
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Este final de semana, do 2 ao 5 de outubro, chega a terceira etapa das XIII Marchas Ciclistas Unificadas organizadas por Special Olympics Galicia. A etapa compostelá terá lugar o 4 de outubro, cun percorrido de 16,6 quilómetros, con saída e chegada na Praza do Obradoiro. Nesta edición participarán 49 persoas entre deportistas con e sen discapacidade intelectual, voluntariado e persoal técnico. 

Durante a presentación deste evento participaron a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro; o xefe do servizo de Fomento e Xestión Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte, Juan Carlos Argüello; e o xerente de ASPAS (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual) e secretario de Special Olympics Galicia, Javier García acompañado dun ciclista participante, José Antonio Martínez.

As Marchas Ciclistas Unificadas chegan á súa décimo terceira edición como unha cita consolidada que combina deporte e inclusión, promovendo valores de respecto, igualdade e convivencia en toda Galicia. O evento percorre as catro provincias galegas, cunha etapa en cada unha delas:

  • 2 de outubro en Barreiros: saída do pavillón municipal e percorrido de 19,5 km con 44 participantes.
  • 3 de outubro –en Pereiro de Aguiar: saída das instalacións deportivas municipais e participación de diferentes entidades da provincia.
  • 4 de outubro en Santiago de Compostela: percorrido de 16,6 km con saída e chegada na Praza do Obradoiro, con 49 participantes.
  • 5 de outubro en Vilagarcía de Arousa: a etapa máis numerosa, con 68 persoas, que partirá da Praza da II República e discorrerá polas principais rúas da cidade.

    0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
    0620_arte_floral_calo_251121_carlos
    0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
    0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
    0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
    PRIMERA-LINEA-620