Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago pon en marcha a Cabalgata de Reis cun investimento de 436.000€

O contrato inclúe dous lotes: a produción artística e organizativa do evento, e o alugueiro das carrozas

Cabalgata Santiago de Compostela @Concello (9)
O Concello de Santiago prepara a Cabalgata de Reis de 2026

A Xunta de Goberno local aprobou, de acordo co previsto no plan de contratación, o expediente de contrato mixto para a Cabalgata de Reis, segundo anunciou a voceira municipal, Miriam Louzao, nunha rolda de prensa. Desta forma, inclúe dous lotes: o primeiro para a organización e produción do evento e o seu contido artístico e o segundo para a subministración de carrozas en réxime de alugueiro. 

O orzamento base para esta licitación ascende a 435.807,54 €, imputado a esta anualidade e á de 2026 e distribuído a razón de 330.817, 46 para o lote I e 104.990,08 € para o lote II (todos estes importes co IVE incluído).

Por outra parte, aprobouse o contrato para a subministración de gas para calefacción das dependencias municipais, baseado nun acordo marco da FEMP.  O gasto para este concepto limítase a 136.500,00 €.

Tamén se adxudicou o seguro para a flota de vehículos do Concello de Santiago de Compostela, contratado tamén ao abeiro do acordo marco da FEMP, á empresa OCCIDENT GCO SOCIEDAD ANONIMA DE SEGUROS Y REASEGUROS que presentou a mellora oferta cunha prima total de 27.843,05 €.

Así mesmo, a Xunta de Goberno autorizou a proposta para a contratación dun préstamo a longo prazo por importe de 2.517.539,82 euros destinado a financiar os investimentos e as transferencias de capital que corresponde executar segundo as previsións orzamentarias para este exercicio.