Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago destina máis de 185.000 euros á rehabilitación de edificios

Tamén impulsan novos convenios con entidades sociais e educativas

A voceira municipal, Míriam Louzao, durante a rolda de prensa sobre os acordos da Xunta de Goberno local
A voceira municipal, Míriam Louzao, durante a rolda de prensa sobre os acordos da Xunta de Goberno local
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A voceira municipal, Míriam Louzao, compareceu en rolda de prensa para informar da aprobación da concesión definitiva de tres subvencións por un importe total de 185.668,32 euros para a rehabilitación de comunidades e edificios incluídos na zona de rehabilitación integral de Vista Alegre e correspondentes á convocatoria de 2022.

Ademais, deuse conta da concesión de catro licenzas de obra maior. Unha delas, para a construción dunha nave destinada a venda e almacenamento de produtos hortofrutículas na rúa de Castela León. Outra, para a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar no Camiño Real de Angrois; a terceira, para reformar o interior dun piso situado na rúa dos Basquiños; e finalmente, para a colocación dun sistema de illamento térmico exterior ao edificio situado na Carballeira de San Lourenzo.

“Como é habitual, a Xunta de Goberno, acordou tamén presentarse no procedemento xudicial promovido pola propiedade contra a cancelación da inscrición no Rexistro de actividades turísticas da Xunta de Galicia dunha vivenda de uso turístico na rúa de Tras Salomé”, engadiu Miriaum Louzao.

Subministración do mobiliario do CIPIS

Entre os asuntos relativos á contratación, a Xunta de Goberno aprobou o expediente para licitar a subministración do mobiliario do Centro Integral para a Inclusión Social (CIPIS). Esta subministración conta cun orzamento base de licitación de 48.396 euros (IVE incluído) e distribúese en tres lotes: I. aloxamento e baños; II. oficinas e zonas comúns; III. cociña e comedor.

Convenios con entidades

En relación coa colaboración con entidades, aprobouse o texto do convenio coa  Xunta de Confrarías de Semana Santa, á que se asigna unha subvención nominativa de 3.000 euros.  Tamén o destinado á Feira de Emprendedoras da Cormarca de Compsotela, acordado coa  Universidade de Santiago de Compostela cun importe de 20.000 euros.

Asemade, aprobouse o convenio coa  Federación Galega de ANPAS de Centros Públicos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria “Compostela” (FANPA COMPOSTELA) para a promoción de actividades e fomento da escolarización nos centros de educación infantil e primaria do Concello, cunha dotación de 20.000 euros. Este convenio inclúe a cobertura ao novo servizo de comedores nas escolas unitarias da zona rural, a Escola do Gaioso (O Eixo), a Escola do Rial (Laraño) e a Escola Bispo Teodomiro (Marrozos).

Este novo servizo escolar facilitaralles ás familias do rural manter a escolarización na súa zona contando con opcións de conciliación igualitarias ás do resto de centros. “Entedemos que esta medida é unha importante axuda para as familias que opten por este modelo de escola integrada na contorna rural e en contacto co seu contexto social e natural e, á vez, contribúe a que estes centros continúen cheos de vida”, manifestou Míriam Louzao.

Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a modificación das bases reguladoras para a ampliación da data límite de xustificación das subvencións para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o ano 2025 ás asociacións veciñais. Deste xeito, amplíase o prazo do día 9 ao día 31 de outubro deste ano.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620