Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Cidades máis verdes e resilientes: expertos en infraestrutura verde reúnense en Santiago

O congreso enmárcase dentro do Proxecto “Entre Sar e Sarela”

Calles verdes de Compostela
Calles verdes de Compostela
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Os vindeiros 1 e 2 de outubro, o Salón de Actos da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), no Campus Sur de Santiago de Compostela, acollerá o Congreso Internacional ‘Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático’, organizado polo Concello de Santiago de Compostela, o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago (IBADER) e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

O congreso enmárcase dentro do Proxecto “Entre Sar e Sarela”, impulsado para promover accións de renaturalización urbana e resiliencia, e cuxo obxectivo central é promover a infraestrutura verde en Santiago de Compostela e mellorar a conectividade ecolóxica entre o anel verde exterior e a trama urbana. O proxecto conta co respaldo da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

As cidades concentran a poboación, nelas desenvólvense gran parte das actividades económicas e humanas, e son espazos vulnerables ao cambio climático. A infraestrutura verde – parques, bosques urbanos, corredores ecolóxicos, solucións baseadas na natureza – ofrecen una resposta eficaz para protexer fronte os riscos climáticos, favorecer a biodiversidade e mellorar a nosa saúde e benestar.

Este encontro reunirá a especialistas nacionais e internacionais en biodiversidade, urbanismo e sostibilidade para impulsar novas estratexias de infraestrutura verde que fortalezan a adaptación das cidades ao cambio climático. Entre as experiencias de renaturalización e biodiversidad urbana que se inclúen no programa, destacan proxectos postos en marcha en Valladolid ou Santiago de Compostela, así como outras iniciativas locais de infraestrutura verde como Salamanca, Vitoria-Gasteiz ou Santander. No congreso tamén terá cabida o marco xurídico das infraestruturas verdes e proxectos pioneiros de restauración ecolóxica do goberno autonómico galego, rematando cunha visita ás actuacións do proxecto “Entre Sar e Sarela”. O programa completo está dispoñible na web da entidade: www.ceida.org

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620