Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

USC Emprende comeza con seis centros piloto e espazos de innovación para impulsar o talento universitario

O novo programa busca consolidar unha cultura emprendedora transversal, con certificacións, premios e espazos de coworking de última xeración en Santiago e Lugo

Presentación do programa USC Emprende
De esquerda a dereita, Luis Otero, José Alberto Díaz de Castro, Antonio López Díaz, Marta Mariño e José Luis Villaverde
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O novo programa USC Emprende, unha iniciativa da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) ten como propósito acompañar e asesorar a comunidade emprendedora dun xeito integral e ampliar así a cultura do emprendemento no seo da USC.  A iniciativa presentouse este xoves 25 nun acto que tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación. Presidido polo reitor da USC, Antonio López Díaz, interviñeron Luis Otero, delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento; Marta Mariño, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia; e José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia.

Na súa intervención para presentar USC Emprende, Luis Otero destacou entre os obxectivos do novo programa “facer da USC unha universidade referente en materia de emprendemento, cun modelo recoñecido como exemplo de éxito polo seu compromiso cos proxectos e ideas desde a súa orixe ata a súa consolidación” e anunciou que está previsto distinguir o talento emprendedor con “certificados, créditos e premios”. 

Espazos Emprende

O programa comeza este curso académico 2025-2026 cunha fase piloto de lanzamento na que participan seis centros da USC, construíndo así unha experiencia que será escalable e ampliable a outros centros no futuro. Na fase de lanzamento participan no campus de Santiago, Filoloxía, Ciencias Económicas e Empresariais, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría e Ciencias da Educación. No campus de Lugo, forman parte do programa a Facultade de Administración e Dirección de Empresas e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.

Cada centro participante conta cun Espazo Emprende, pensados no seu conxunto como dinámicos ecosistemas de innovación para impulsar o espírito emprendedor, a creatividade e a cultura emprendedora ao longo de todo o curso académico. Están concibidos e deseñados como espazos de coworking e ideación, flexibles e modernos, orientados á colaboración e equipados con mobiliario e dotación tecnolóxica de última xeración, creando unha contorna amigable e inspiradora para sesións de formación, brain storming, talleres e actividades de prototipado.

En definitiva, esta iniciativa da AVTE pretende que o emprendemento sexa unha actitude vital e optimista, que penetre de xeito transversal no tecido da USC, como motor para a posta en valor de ideas innovadoras e a súa transferencia para incentivar as expectativas de éxito do emprendemento e para que sexa percibido con orgullo pola comunidade universitaria.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620