Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Sanmartín reclama á Xunta que asuma o liderado na política aeroportuaria galega

A alcaldesa de Santiago pide reunións con Ryanair e co presidente da Xunta para garantir os postos de traballo e deseñar unha estratexia conxunta que coordine os tres aeroportos galegos

Reunión Concello de Santiago con comité de empresa de Ryanair
Sanmartín defendeu no foro a complementariedade entre Lavacolla, Alvedro e Peinador como ferramenta para cohesionar o territorio
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Parte da corporación municipal do Concello de Santiago e o comité de empresa de Ryanair mantiveron unha reunión causada pola decisión da compañía de suprimir a base do aeroporto Rosalía de Castro. Neste sentido, a rexedora anunciou que, de maneira inmediata, o goberno solicitará unha nova reunión coa entidade aérea, no marco das diferentes xuntanzas que xa se veñen mantendo, para preguntar polos plans da compañía e ao tempo solicitará unha reunión co presidente da Xunta para que “colla as rendas da situación”.

Goretti Sanmartín participou este mércores na primeira mesa sobre as infraestruturas aeroportuarias do "Foro sobre os aeroportos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal", organizado polo Club Financeiro no edificio Quercus da cidade. A preguntas dos medios, explicou que logo de manter unha xuntanza nas últimas horas co comité de empresa de Ryanair, o goberno decidiu pedir unha nova reunión coa compañía para seguir insistindo en coñecer “cales son os plans para a campaña de verán e que é o que pensan facer neste momento”.

A rexedora compostelá manifestou que “hai un problema moi importante para nós, non só os postos de traballo directos, senón os indirectos e o que isto pode supor”, por iso desde o goberno municipal se mantivo este contacto e agora se vai cursar esta petición de reunión urxente.

Ao mesmo tempo, o executivo compostelán pedirá “tamén con carácter inmediato” unha reunión co presidente da Xunta porque, sostivo a alcaldesa, “dentro das súas responsabilidades está decidir coller as rendas desta situación”. “Esta é a administración que ten que liderar unha política aeroportuaria cunha estratexia a medio prazo e, neste sentido, o Concello de Santiago estará sempre traballando con toda a colaboración do mundo”. Sanmartín incidiu en que a cuestión aeroportuaria “non afecta aos concellos de Vigo, A Coruña ou Santiago de maneira independente, senón ao conxunto do territorio e da poboación e, por tanto, hai que ter unha posición de país”.

Tamén incidiu en que hai que ver o que se pode facer a curto prazo e subliñou que é o momento de “parar, reflexionar e ver que facemos nesa estratexia a medio prazo”. “E niso, a administración galega non pode poñerse de perfil; é a administración galega a que ten que tomar as rendas dun problema, que é un problema do conxunto do país”, insistiu.

Na súa participación no foro, puxo o acento na situación dos tres aeroportos galegos, separados a unha distancia máxima de 155 quilómetros os cales “deberían axudarse, complementarse, para cohesionar o territorio galego, garantir a mellor das mobilidades e servir o conxunto do territorio galego”. De feito, na súa  intervención puxo o foco en que non é só unha cuestión turística, senón de mobilidade, apelou, para reverter esta situación, a un único camiño: “o traballo conxunto entre administracións, con participación tamén do tecido empresarial e do sector turístico, un camiño en que o Concello de Santiago sempre estará, con xenerosidade e esforzo”.

“É imprescindíbel realizar un plan estratéxico para os aeroportos  galegos que parta das súas singularidades e que aproveite as características e posibilidades de cada un. E será cando fagamos ese camiño que poderemos enfrontar o seguinte debate. A necesaria complementariedade e colaboración na eurorexión Galiza-Norte de Portugal. Mentres nós non fagamos o noso camiño, o resto é unha utopía, necesaria para avanzar, si, mais utopía inalcanzábel a día de hoxe”, sentenciou.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620