Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Entre pedras e páxinas: o Obradoiro convértese nunha sala de lectura

A cita será o domingo 28 de setembro ás 12.00 horas, cunha lectura colectiva aberta a todas as persoas que queiran gozar dos seus libros favoritos baixo o ceo compostelán, faga sol ou chova

Foto de archivo de libros
Lectoras e lectores encherán o Obradoiro para celebrar, con libros e paraugas, a apertura da Semana do Libro de Compostela
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Este domingo 28 de setembro ás 12.00 horas, a praza do Obradoiro transformarase nunha xigantesca sala de lectura aberta á cidadanía. Esta lectura colectiva será a antesala da apertura da SELIC, que terá lugar o 3 de outubro e cuxa programación aínda está por darse a coñecer. 

Baixo a premisa de que as prazas pertencen á veciñanza, a actividade "Compostela le no Obradoiro, con sol, vento ou diovio" está concebida para poñer en valor á comunidade lectora compostelá e resignificar un dos espazos máis coñecidos e representativos da cidade. 

Durante unha hora, lectores e lectoras poderán acudir a este emblemático lugar para gozar dos seus libros en compañía e baixo o ceo. Co obxectivo de medir o tempo de lectura, prégase a aqueles que desexen participar que se acheguen ao Obradoiro a partir das 11.30 horas.

Como prepararse

Na busca dunha experiencia máis cómoda, os que o desexen poderán levar o seu propio asento: almofadas, cadeiras encartables ou, incluso, mantas. Non obstante, para os que non precisan tanto, con achegarse cun libro que se esté desexando ler é máis que suficiente. 

Aqueles máis despistados que chegan a Santiago como paseantes pero que a actividade remata por reclamar, a organización porá a súa disposición volumes que poder tomar prestados durante a lectura. Todo isto baixo a premisa de que o escenario ante o que nos atopamos é Compostela e, en calquera momento, pode comezar a chover. 

Esta xuntanza é o preludio da inauguración da SELIC, marcando así o inicio dunha semana e media de homenaxe  á puxanza literaria dunha cidade que destaca tanto pola súa capacidade de crear literatura como pola súa tradición de lectores ávidos, como demostran os numerosísimos clubs de lectura, obradoiros de escrita e iniciativas semellantes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620