Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

ADEGA celebra en Compostela o seu 50 aniversario cun ciclo de actividades

A exposición “50 anos coidando a terra”, obradoiros, roteiros, proxeccións e mesas redondas compoñen un programa de oito días

Detalle del cartel aniversario ADEGA
A exposición “50 anos coidando a terra” inaugura este venres en Santiago a conmemoración de medio século de loita 
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) celebra o seu medio século de traxectoria cun ciclo de actividades en Santiago de Compostela que se desenvolverán entre o 26 de setembro e o 7 de outubro

O ciclo arrancará este venres ás 12.00 horas no paseo da Alameda coa inauguración da exposición itinerante 50 anos coidando a terra, unha mostra exterior composta por paneis e elementos simbólicos que percorren a historia do movemento ecoloxista e da propia asociación. Ao acto de apertura están convidadas as institucións colaboradoras, Concello de Santiago e Deputación da Coruña, así como entidades e colectivos que teñen colaborado con ADEGA. Unha vez rematado, terá lugar unha visita guiada pola mostra.

Xa pola tarde, o Centro Sociocultural do Ensanche acollerá a proxección do documental “A terra por gañar” (18:00 h) e unha mesa redonda baixo o título ADEGA, unha historia de compromiso coa terra (19.30 horas), na que nomes de referencia na organización como Ramón Varela, Manolo Soto ou María Lafuente repasarán o labor desenvolvido por ADEGA ao longo de cinco décadas de activismo e educación ambiental.

8 días de actividades na capital

A programación continuará con diversas propostas que se desenvolverán en diferentes espazos da cidade: o luns, 29 de setembro, levarase a cabo un obradoiro de reciclaxe no Centro Sociocultural Fontiñas ás 17.00 horas. Ao día seguinte, haberá unha visita á Estación Depuradora de Augas Residuais en Aríns, que terá lugar ás 11.00 horas.

Cartel 50 aniversario ADEGA
Detalle do cartaz onde se poden consultar as actividades

O mércores 1 de outubro haberá outra oportunidade para visualizar o documental "A terra por gañar", cuxa proxección dará comezo ás 18.00 horas e irá seguida por uha mesa redonda titulada "O movemento social compostelán na defensa da terra", ambas actividades terán lugar na Casa Asociacións de Cornes. Despois dun día máis sedentario, o xoves proponse o roteiro "Refuxios de vida e lendas" no Pedroso ás 16.30 horas.  

No caso do venres 3 de outubro, levarase a cabo a instalación da exposición da Alameda no IES Xelmírez ás 12.00 horas. E, finalmente, o luns 6 de outubro realizarase unha descuberta de biodiversidade nas charcas do Pedroso ás 16.30 horas. Actividade que vai seguido, no día seguinte, pola inspección do Proxecto Ríos no Sarela. 

    0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
    0620_arte_floral_calo_251121_carlos
    0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
    0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
    0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
    PRIMERA-LINEA-620