Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Videonoticias

Chichalovers desvela o 'Chef do mes' de setembro

O recoñecido cociñeiro Iago Pazos é o nome elixido polo establecemento especializado en chicharróns

Chichalovers, o takeaway situado na rúa de Aller Ulloa
Chichalovers, o takeaway situado na rúa de Aller Ulloa
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Chichalovers estreou o pasado mércores a nova tempada do seu xa coñecido Bocata do Chef, e fíxoo da man dun dos grandes nomes da cociña galega contemporánea: Iago Pazos. O cociñeiro, cofundador do proxecto Abastos 2.0, foi o elixido para inaugurar esta edición especial que combina tradición e vangarda arredor do chicharrón, o produto estrela da casa.

A cita, celebrada entre as 20.00 e as 22.00 horas no propio local, reuniu a clientes habituais, influencers e prensa, que puideron ser os primeiros en descubrir quen se agochaba detrás da primeira proposta. No vídeo pódese ver en detalle o bocata, desde a súa preparación ata a degustación final:

Un mes para probar a creación de Pazos

A iniciativa do Chicha consiste en convidar cada mes a un chef galego de referencia para reinterpretar o chicharrón cunha receita inédita, dispoñible só durante catro semanas. Neste caso, será a creación de Iago Pazos a que marque o inicio dun ciclo gastronómico que pretende fusionar creatividade culinaria, sustentabilidade e quilómetro cero.

Desde o establecemento destacan que o proxecto busca reivindicar a cociña de proximidade e o traballo dos pequenos produtores, ofrecendo ao mesmo tempo unha experiencia diferente aos chamados Chichalovers.

O Chicha, referente en Compostela

Con esta proposta, o Chichalovers Santiago consolídase como un dos locais máis innovadores da cidade. A súa aposta por formatos efémeros, como o Bocata do Chef, reforza o seu papel como espazo que une tradición e modernidade arredor dun produto tan identitario como o chicharrón.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620