Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Teo

Polémica en Teo polos orzamentos: UCIN denuncia falta de apoio ao comercio, turismo e cultura

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O coordinador de UCIN Teo, Álex Regueiro, expresou o seu rexeitamento aos orzamentos municipais para 2025, aprobados polo Concello de Teo, que contemplan un investimento total de 2,6 millóns de euros en mellora da rede viaria e infraestruturas. A cifra supón un incremento de 1,1 millóns con respecto ao exercicio anterior, un reparto que, segundo a formación, desatende sectores clave para o futuro do municipio.

1000050553
Álex Regueriro, coordinador local de UCIN en Teo e candidato á alcaldía

“Non cuestionamos a importancia de investir en infraestruturas, pero non podemos aceptar que se releguen a un segundo plano áreas vitais como o turismo, o comercio e a cultura”, sinalou Regueiro.

Turismo e comercio, partidas insuficientes

O documento orzamentario reserva 270.000 euros para turismo e comercio, unha cantidade que UCIN Teo considera claramente insuficiente para dinamizar o tecido económico. “O comercio agoniza, os locais pechan e o turismo segue a ser unha oportunidade desaproveitada. Con estas contías é imposible reactivar a economía teense”, afirmou o coordinador.

A cultura e as asociacións, “o corazón de Teo”

No eido cultural, os orzamentos inclúen 700.000 euros, unha partida que abrangue tamén actuacións de restauración do patrimonio. Isto deixa, segundo UCIN Teo, ás asociacións culturais cunha capacidade moi limitada para desenvolver actividades. “As asociacións son o corazón da vida cultural en Teo, manteñen viva a nosa identidade e deberían contar cun apoio decidido”, subliñou Regueiro.

Chamamento a un maior equilibrio

Desde UCIN Teo reclámase un maior equilibrio nos investimentos municipais, con apoio decidido ao comercio local, impulso ao turismo e reforzo da cultura. Estes sectores, apuntan, non só xeran actividade económica senón tamén cohesión social e orgullo de pertenza.

“Queremos uns orzamentos xustos, que pensen na veciñanza e no futuro do noso municipio. Teo non pode permitirse seguir perdendo oportunidades mentres se desangra o pequeno comercio e a cultura local loita por sobrevivir”, concluíu Regueiro

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620