Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Padrón

O Concello de Padrón lanza unha chamada á mocidade: buscan voluntariado para dinamizar o verán cultural

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O verán padronés prepárase para ser algo máis que calor e festas: tamén será unha oportunidade de implicación social, aprendizaxe e encontro. O Concello de Padrón, a través da súa Oficina Municipal de Voluntariado (OMV), busca mozas e mozos entre 16 e 30 anos para formar parte do seu voluntariado xuvenil, nunha nova campaña que mantén aberto o prazo de inscrición ata o domingo 5 de maio.

A proposta enmárcase dentro do programa Padrón Solidario, e contempla a participación da mocidade en dúas iniciativas culturais que se desenvolverán nos meses de verán: unha orientada especificamente á xuventude e outra de carácter interxeracional, promovendo así o diálogo entre xeracións e o coñecemento mutuo.

Desde a OMV destacan que o obxectivo non é só reforzar o equipo actual, senón tamén fomentar o compromiso social, a implicación activa na vida cultural do concello e o descubrimento do territorio desde unha óptica participativa e colaborativa.

As prazas son limitadas, polo que se recomenda formalizar a inscrición canto antes. Para iso, as persoas interesadas poden chamar ao 981 817 025 ou enviar un correo a voluntariado@padron.gal.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620