Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Oroso

A Xunta licita por 620.000 euros a humanización da praza de Isaac Díaz Pardo en Oroso

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou por un importe de 620.504 euros as obras de humanización da praza Isaac Díaz Pardo, no núcleo de Sigüeiro, no concello de Oroso.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que finalizará o vindeiro 12 de marzo.

Con esta intervención, tratase de poñer en valor e transformar en praza de preferencia peonil este espazo, que tamén se encontra na contorna do Camiño Inglés, converténdoa en lugar de encontro, interacción social e celebración de eventos.

A humanización desta praza Isacc Díaz Pardo, que acolle as principais instalacións municipais como a Casa do Concello, o Xulgado de Paz, a biblioteca ou o centro social, terá un investimento total de 705.393€. Así, as obras enmárcanse nun convenio de colaboración ao abeiro do Plan Hurbe, co que o Goberno galego colabora coas administracións locais para financiar intervencións de mellora contornas urbanas e accesibilidade. Baixo este acordo, a Xunta asumirá o 70% do orzamento desta intervención, e o Concello de Oroso achegará o 30% restante.

En concreto, as obras obxecto desta licitación para a humanización da praza Isaac Díaz Pardo inclúen o desenvolvemento de distintas intervencións. Restrinxirase o tráfico rodado, priorizando o peonil e permitindo a conexión polas rúas Xuncal e Camiño Inglés. Ademais, eliminarase o estacionamento de vehículos, aínda que se manterá o acceso aos vehículos de reparto.

Así coas mesmas, tense por obxectivo garantir a accesibilidade ao Concello, ao preverse a modificación das escaleiras de acceso e a dotación dunha rampla accesible. Poranse en valor os equipamentos municipais existentes, unificando a imaxe da praza como un lugar de estancia, con espazos verdes e mobiliario.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620