Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC lanza unha nova edición de "Vémolo Nós": divulgación científica en galego en formato audiovisual

O Servizo de Normalización Lingüística da USC lanza unha nova edición do certame audiovisual "Vémolo Nós", cuxo prazo de recepción de traballos remata o 5 de setembro. Este concurso, dirixido á comunidade universitaria da USC, ten como obxectivos promover a produción e a difusión de vídeos curtos e orixinais que fomenten o galego como lingua de divulgación científica, co fin de constituír un compendio de materiais audiovisuais útiles para a docencia no ámbito universitario.

Ademais, esta iniciativa pretende que a comunidade universitaria teña como referentes produtos audiovisuais de calidade á súa disposición que sirvan de modelo para a creación doutros semellantes. "Vémolo Nós" quere tamén dar a coñecer a historia da USC a través de personaxes e fitos que deixaron pegada na traxectoria, así como conseguir que se amose a utilidade do galego na futura vida laboral das persoas universitarias.

Premios

‘Vémolo Nós’ premia con 1.500 e 300 euros os dous mellores traballos elaborados por membros da comunidade da USC en cada unha destas categorías: ‘Divulgación do coñecemento’, ‘Descubrindo a USC’ e ‘Protagonista: o galego’. A entrega de premios terá lugar nun acto organizado pola Universidade de Santiago de Compostela no outono de 2025.

Presentacioon de proposas
Cartel completo do certame