Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Unha fregona de 18 metros no Obradoiro: as limpadoras fan o Camiño en busca dun "milagre" laboral

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O sector da limpeza en Galicia tomou este mércores as rúas de Santiago de Compostela nunha protesta tan simbólica como reivindicativa. As traballadoras percorreron a última etapa do Camiño de Santiago, desde o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro, para denunciar as súas condicións laborais e esixir un convenio galego que remate coas desigualdades salariais entre provincias. Ao chegar ao Obradoiro, despregaron unha fregona xigante de 18 metros como símbolo da súa loita.

"Na limpeza fai falta un milagre"

Convocada pola Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.), a protesta desenvolveuse baixo o lema irónico "Na limpeza fai falta un milagre". As manifestantes, vestidas con chalecos morados, fixéronse escoitar batendo nos seus caldeiros como se fosen tambores e portando fregonas como estandartes da súa reivindicación.

Entre as súas demandas, esixiron un convenio autonómico forte e xusto que unifique as condicións laborais en toda Galicia. Actualmente, denuncian, existen diferenzas de ata 3.000 euros anuais entre traballadoras de distintas provincias. Segundo explicaron, as empregadas de Lugo e Ourense son as máis prexudicadas en comparación coas de A Coruña e Pontevedra, debido aos convenios provinciais que regulan os seus salarios e condicións.

"Non somos traballadoras de segunda"

As limpadoras tamén puxeron o foco nos contratos públicos, asegurando que as actuais desigualdades afectan directamente ás adxudicacións das prazas. "Se hai concursos únicos, é necesario un convenio único", defenderon.

Así, advertiron que o sector da limpeza necesita "un milagre", pero deixaron claro que "non se van quedar esperando". Antes de rematar a mobilización, xa avanzaron que esta acción "non será a última".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620