O Teatro Principal de Santiago acollerá a representación de 10 funcións de libre acceso

O Teatro Principal de Santiago de Compostela convértese un ano máis no epicentro da creatividade teatral coa celebración do Certame de Teatro Intercentros de Santiago e Comarca, unha iniciativa promovida pola Concellaría de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica que busca impulsar a creación artística nos centros educativos. A iniciativa comezou o pasado luns, pero aínda está no seu ecuador. A continuación, todas as funcións pendentes:
Luns, 19 de maio
- A minteira historia da Carapucha verdadeira – CEIP A. Casas Novoa (Teatro da Sionlla) – 11:20 h – 25 min
- A detective Lan-Bo-Na – C. Nosa Señora dos Remedios – 12:20 h – 30 min
- Alicia – Mandala Compostela – 18:00 h – 45 min
Martes, 20 de maio
- Soños comestibles – CEIP Raíña Fabiola – 10:30 h – 25 min
- O peletre – Colexio A Inmaculada – 11:15 h – 20 min
- O intercambio – Colexio San Jorge – 11:45 h – 25 min
- O Espello inverso – IES A. Xelmírez II – 18:00 h – 45 min
Mércores, 21 de maio
- Galiza no corazón – Aula de teatro do CEIP López Ferreiro – 10:00 h – 25 min
- Catedral por ningures – CPI da Ramallosa (Troleiras) – 11:00 h – 30 min
- A batalla da fin do mundo – IES A. Xelmírez II (Vai no dentista) – 18:00 h – 55 min
Entrada libre ata completar aforo
A entrada a todas as funcións é totalmente gratuíta, permitíndolle á cidadanía compostelá achegarse ao traballo creativo dos estudantes, que prepararon cada unha das representacións con dedicación e esforzo.
A programación teatral, que inclúe dende adaptacións de clásicos como A casa de Bernarda Alba ou A rateira de Agatha Christie, ata propostas contemporáneas creadas polos propios alumnos, pon de manifesto o talento e a paixón pola interpretación dos mozos e mozas da comarca.