Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Servizo de Extinción de Incendios de Santiago realizou máis de 2.000 intervencións o ano pasado

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

En 2024 o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento realizou un total de 2026 saídas, 106 menos que o ano anterior. Este descenso está relacionado fundamentalmente coa retirada de niños de velutina de menor risco, unha vez que o Concello se adheriu ao convenio coa FEGAMP para que sexa o SEAGA quen se encargue destes traballos. Así, o ano pasado os bombeiros retiraron un total de 309 niños de vespa velutina, fronte aos 676 de 2023, e moi lonxe das cifras acadadas en anos anteriores: 1.359 niños retirados en 2017; 1.231 en 2018; ou 1.178 en 2019.

Pola contra, incrementáronse notablemente as saídas para a retirada de caída de árbores por mor de fenómenos meteorolóxicos adversos: 288  en 2024 fronte ás 160 de 2023. Neste sentido, a memoria destaca que en outubro, coincidindo co paso da borrasca Kirk por Santiago, os bombeiros realizaron 98 intervencións en menos de 24 horas, 80 delas por caída de árbores.

Ademais, os bombeiros interviron en 197 ocasións por incendios; en 126 por limpezas de calzada; en 84 ocasións para realizaren labores de saneamento, e en 75 casos por inundacións. Boa parte do traballo do Servizo, con 512 intervención, estivo relacionado con traballos preventivos e de inspección. En total, o 76% das intervencións quedan recollidas dentro dos bloques de asistencias técnicas e actividades preventivas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620