Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago viste o entroido a golpe de setembro

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado ao desfile de Entroidos Tradicionais en Santiago de Compostela. A cita congregou máis de 400 participantes que, partindo da praza do Obradoiro, percorreron algunhas das principais rúas da zona vella da capital galega.

Desfile de Entroidos Tradicionais en Santiago (2)
Desfile de Entroidos Tradicionais en Santiago

Xosé Merelles salientou que a cita quere confirmar a imaxe de Galicia como destino experiencial, que pode ser desfrutado durante todo o ano. Neste sentido, Merelles destacou como “o Entroido supón un importante aporte na singularización da oferta turística da comunidade” e incidiu no aporte na desestacionalización do destino, ao celebrarse en época de tempada baixa. Tamén abundou na diversificación territorial que promove, por ser unha festividade de gran tradición en contornas rurais.

En total, participaron 17 entroidos de toda Galicia, entre eles cinco recoñecidos como Festa de Interese Turístico de distintos niveis. Son o Entroido de Xinzo de Limia, que ten a categoría internacional; os de Verín e Viana do Bolo, co recoñecemento nacional -este último desde xullo de 2025-; e o Entroido de Cobres e Os Xenerais do Ulla, de interese turístico galego.

Desfile de Entroidos Tradicionais en Santiago (4)
Desfile de Entroidos Tradicionais en Santiago 

A maiores, púidose ver no desfile a representantes das Bonitas de Sande (Cartelle), os Vellaróns de Riós, o Entroido de Samede (Paderne), os Felos e Madamas de Esgos, os Galos da Mezquita (A Merca), os Follateiros de Lobios, as Madamitas e Madamitos de Entrimo, o Touro e Xigante de Celavente (O Bolo), o Fulión de Buxán, o Entroido de Salceda de Caselas, o Entroido de Mugares (Toén) e os Cabreiros de Muiños.

Desfile de Entroidos Tradicionais en Santiago (1)
Desfile de Entroidos Tradicionais en Santiago

Desde marzo deste ano, o carnaval goza en Galicia do recoñecemento como Ben de Interese Cultural no seu conxunto, cunha importante aportación ao patrimonio inmaterial. Destaca a importancia das máscaras como un elemento entroidístico característico, así como o vínculo coa gastronomía.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620