Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago será a capital galega da poesía

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Música, palabras e a mistura harmónica de ambas inundarán nos próximos días Santiago de Compostela para festexar o Día Mundial da Poesía.

Un amplo abano de actividades poñerán en valor a literatura no marco da sétima edición do festival ‘Alguén que respira!’.

Esta iniciativa, promovida polo Concello, a Xunta e a USC, comezará de xeito oficial ás 19.30 horas de mañá coa lectura dun recital inaugural desde os balcóns do Teatro Principal.

Nel, participarán autores como Alfonso Armada, André Tecedeiro e María Sevilla.

O día seguinte ás 20.00 horas no mesmo lugar, haberá un novo encontro literario encabezado polo escritor palestino Mohamad Bitari.

O sábado 23 a acción desprázase á Igrexa da USC, onde terán lugar as actuacións musicais de Guadi Galego, Alidé Sans, Eskarnia e No Poet.

A sesión ofrecerá tamén a oportunidade de escoitar os versos de Aroa Misa, Claudia Romero e Serxio Abalo, gañadoras da segunda edición dos premios Respira! para o estudantado.

Así mesmo, o festival reservará un espazo para o intercambio de ideas. Cada día, o Teatro Principal acollerá a partir das 12.30 horas faladoiros que introducirán aos recitais.

Por último, tamén foi convocado un premio de poesía para todo o estudantado galego, o cal será entregado o sábado na clausura do festival.

Entradas

Todas as actividades son de balde, previa retirada de convites (máximo dous por persoa) na web compostelacultura.gal ou no despacho de billetes da Zona C· Punto de Información Cultural. Tamén se poden retirar no despacho de billetes do Teatro Principal dende unha hora antes do comezo de cada un deles. A asistencia aos cafés-faladoiro das mañás no ambigú do Principal é libre sen necesidade de reserva até completar capacidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620