Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago acolle este domingo o VII Mini BTT Cidade de Santiago

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Santiago de Compostela acollerá este domingo 21 de setembro o VII Mini BTT Cidade de Santiago, que será nos terreos colindantes do estadio Verónica Boquete, en San Lázaro, a partir das 10.00 horas.

A zona de aparcamento de este estadio será empregada como zona de equipos e, por este motivo, permanecerá pechada ao tráfico desde as 8.00 horas ás 15.30 horas dese domingo.

O ciricuito terá unha lonxitude de 2 kilómetros, situándose tanto a meta como a saída no estadio Verónica Boquete. Ademais, as competicións realizaránse en diferentes mangas, segundo categorías. Dentro de cada manga sairán estas seguindo o programa de competición. Partindo da categoría benjamín, que saen ás 10.00 horas, esta irá seguida polas categorías promesa, principiante e alevín, que sairán ao termo da manga anterior.

Captura de pantalla (3)
A zona de equipos permanecerá pechada aos vehículos dende ás 8.00 horas

Esta actividade está organizada polo Club Ciclistas Compostelano-Muebles Compostela e coa colaboración do Concello de Santiago. Ademais, destácase que esta é a penúltima cita do calendario galego de Mini BTT e que, de seguro, definirá os postos do ranking galego para a Copa de Galicia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620