Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Reportaxe | Sara Naveiro, a artista de Touro que crea beleza abstracta a partir de circunferencias

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Tradicionalmente, a beleza foi definida no mundo da arte pictórica como a cualidade da peza que, ao cumprir con determinados principios estéticos —normalmente canónicos, aínda que non sempre— inspira unha harmonía satisfactoria para o espectador.

Esta harmonía, en moitos casos, está ligada coa perfección, coa equiparación estrita das proporcións e a simetría compositiva.

Ao ver unha representación con estas características, sen saber moi ben por que, o ser humano experimenta a agradable sensación de contemplar a beleza.

É curioso pensar como, a pesar da atracción que sinte a nosa especie pola innovación, sempre acaba volvendo inconscientemente á xeometría; á precisión e á exactitude que a matemática leva inspirando en nós desde o principio dos tempos.

Esa fascinación pola estética do concreto ten unha orixe incerta sobre a que se pode teorizar durante horas, pero a realidade tanxible é que forma parte de nós. Simplemente, está aí.

Está no lector destas páxinas, en quen as escribe e, dunha maneira aínda máis exacerbada, en artistas como Sara Naveiro.

Predilección polo círculo

A artista orixinaria de Touro emprega técnicas como o collage e a acuarela para crear pezas abstractas de libre interpretación.

Sara Naveiro
Sara Naveiro posa cunha das súas obras

Con todo, entre as formas representadas hai unha que destaca claramente por riba do resto: a circunferencia.

A pintora non ten claro a que se debe a predilección por esa forma. “Uns fan trazos rectos, outros escriben letras, e eu sempre que teño diante un folio en branco póñome a debuxar círculos”, explica.

Trátase dunha figura empregada ao longo da historia como símbolo do ceo, a orixe ou, sobre todo, a perfección.

Non obstante, Sara Naveiro nega con rotundidade que esta última xustifique o seu gusto pola forma xeométrica.

Todo o contrario, ademais”, insiste, para facer énfase en que segundo ela “están igual de ben os círculos mal feitos”.

Creacions de Sara Naveiro (2)
Creación de Sara Naveiro

É, precisamente, algo que se entende moito mellor ao comprender que a súa obra non ten unha mensaxe.

Son pezas abertas deseñadas para “evocar o que cada un sinta no momento”, tal e como relata.

Ela soamente propón e deixa en mans do espectador a complicada pero divertida tarefa de descodificar o cadro e darlle un significado, aínda que non o teña.

Creacions de Sara Naveiro (3)
Outra peza da súa autoría

A artista formada en Compostela seguirá explorando as cores e as formas. Seguramente, aínda que non haxa unha explicación lóxica, a través do círculo.

Volver ao punto onde todo comezou sempre é bonito. Por iso, quizais, a circunferencia está tan presente en todas as nosas producións artísticas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620