Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A profesora da USC Mar Durán ingresa na prestixiosa sociedade Sigma Xi

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A profesora de Psicoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC), M. Mar Durán, foi elixida membro de pleno dereito da Sociedade de Honra de Investigación Científica Sigma Xi, en recoñecemento aos seus logros académicos e á súa contribución ao avance do coñecemento no seu campo.

A distinción supón un importante recoñecemento internacional para a docente da Facultade de Psicoloxía, xa que Sigma Xi é a sociedade científica máis antiga no ámbito da investigación e da enxeñaría, fundada nos Estados Unidos en 1886 e con membros tan destacados como Albert Einstein, Enrico Fermi, Linus Pauling, Francis Crick, James Watson ou Jennifer Doudna.

Esta honra concédese a investigadores que demostren unha traxectoria consolidada, autoría destacada en publicacións científicas e unha investigación de alta calidade e impacto.

Unha carreira centrada na análise psicosocial da conduta

Mar Durán é doutora pola Universidade da Coruña e investigadora no Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC. A súa traxectoria estivo sempre ligada á análise psicosocial da conduta humana, unha área na que desenvolveu diversas liñas de investigación propias.

En 2002, xa foi recoñecida internacionalmente co IAPS Young Research Award pola International Association People-Environment Studies, ao mellor traballo presentado por un autor menor de 35 anos. Actualmente, a súa investigación céntrase na contorna do Camiño de Santiago, desde unha perspectiva socioambiental.

É autora e coautora de numerosos libros, capítulos e artigos científicos en revistas de prestixio, e ten impartido conferencias e cursos en institucións de España, Portugal, Francia, Reino Unido e Uruguai.

Ademais, forma parte dos consellos editoriais das revistas Environment & Social Psychology e Journal of Psychological Research.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620