Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Peregrina Quintela gaña o Premio Julio Peláez a Científicas con Liderado Cívico

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A catedrática do Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, Peregrina Quintela Estévez, acaba de recibir o IX Premio Julio Peláez a Científicas con Liderazgo Cívico.

A docente recibirá o galardón o 24 de abril na sede da Fundación Tatiana, en Madrid, entidade que creou en 2016 estes premios para recoñecer mulleres pioneiras polas súas destacadas contribucións á ciencia nos campos da física, a química ou as matemáticas.

Peregrina Quintela Estévez foi impulsora da Red Española Matemática-Industria (math-in), da que é presidenta fundadora. Tamén participou na fundación do European Service Network of Mathematics fuere Industry and Innovation (IU-MATHSIN, 2013), a cuxo consello de dirección pertence. A carreira da profesora Quintela foi tamén recoñecida pola Xunta de Galicia co Premio María Josefa Wonenburger no ano 2016.

Foi ademais directora do Departamento de Matemática Aplicada da USC (2004-2008), coordinadora do Nodo CESGA do Proyecto Ingenio Mathematica (i-MATH, 2006-2012) e unha das fundadoras do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) que dirixiu ata o ano 2021, cando esa entidade científica se integra na estrutura do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), no que é investigadora vinculada.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620