Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Nova versión de ParlaMint, o corpus europeo que axuda a analizar sesións parlamentarias

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Ven de facerse pública a versión 5.0 do corpus ParlaMint, na que, como nas versións anteriores, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Proxecto Nós participan coa compilación e anotación dos datos do Parlamento galego. ParlaMint é un proxecto no marco da infraestrutura dixital europea CLARIN, centrado na creación dun corpus de textos multilingüe, comparable e homologado de sesións parlamentarias europeas.

Os textos están anotados lingüisticamente e na versión 5.0 introdúcense dúas importantes melloras: anotación automática por temas, que permite facer consultas no corpus segundo os temas tratados no debate parlamentario; e anotación automática do sentimento nas intervencións, que indica se a intervención expresa unha valoración positiva, negativa ou neutra.

Estas novidades amplían notablemente as posibilidades de análise do corpus, tanto en estudos lingüísticos coma en investigacións sobre discurso político, polarización ou evolución temática do debate parlamentario ao longo do tempo. A dispoñibilidade de etiquetas temáticas e de sentimento permite, por exemplo, estudar como se expresan os distintos partidos políticos sobre un mesmo tema, ou como cambia o ton das intervencións segundo o contexto político.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620