
O Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro venres, 4 de abril, ás 16:00 horas, a presentación do informe A Saúde na Cooperación ao Desenvolvemento e na Acción Humanitaria. O estudo, elaborado por Médicos do Mundo, analiza a Axuda Oficial ao Desenvolvemento galega no ámbito da saúde e a situación global neste sector.
O evento contará coa participación de expertos e representantes de organizacións dedicadas á cooperación sanitaria, entre eles:
- Carolina Diz Otero, asesora técnica en Cooperación para o Desenvolvemento e Acción Humanitaria da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE.
- María Paz Gutiérrez, presidenta da Coordinadora Galega de ONGD.
- Carlos Mediano Ortiga, membro do Consello Executivo de medicusmundi Internacional.
- Felipe Noya, traumatólogo voluntario de acción humanitaria en Médicos do Mundo.
A presentación, organizada por Médicos do Mundo Galicia e medicusmundi Norte, busca xerar un espazo de debate sobre os retos e oportunidades da cooperación sanitaria galega no ámbito internacional.