Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Maxia e contos enchen os martes de agosto en Santiago

O mes de agosto chega a Santiago con novas actividades para as familias, que poderán acudir ao parque Bonaval (plataforma dos arcos) todos os martes as 18.00 horas e gozar do programa de  Apego. O acceso é aberto e de valde e, en caso de mal tempo, haberá localizacións alternativas que se anunciarán nas redes do Apego (concreatamente en Facebook e Instagram).

Programa completo

  • 5 de agosto - Xarope Tulú: "Lingoreteira". Esta sesión de contos é unha homenaxe á lingoreteira que hai en todos, a esa parte nosa que permite que a palabra e a oralidade non morran de todo.
  • 12 de agosto - Tropa de Trapo: "Contos para nenas grandes e pequenas". Unha proposta de narración oral e música en directo. Contos e cantos de mulleres de todas as idades. A Tropa de Trapo vai contar as súas historias, todas distintas e cada unha coa súa voz propia.
  • 19 de agosto - Fran Rei e Félix Rodríguez: "Máis saaabor!". Unha mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo, participación do público e, sobre todo, a gastronomía máis internacional, selecta e divertida. Desta volta, estes refinados chefs preparan un menú degustación con sabores dos cinco continentes, coa mensaxe de promover unha dieta ampla, variada e diversa.
  • 26 de agosto - O Mago Paco: "Ledícias". Con xogos, participación e moito humor o Mago Paco sorprenderá tanto a nenos e nenas como a maiores. Maxia divertida e participativa son as premisas desta nova adaptación que está pensada para que as familias poidan desfrutar dun momento único e que lembrarán por moito tempo.